A xuízo un condutor que circulaba bébedo por un lugar prohibido de Combarro
Por Redacción
A Policía Local de Poio denunciou pola vía penal un condutor que na tarde deste xoves 31 de outubro foi interceptado cando circulaba por un lugar prohibido de Combarro e, cando lle deron o alto, presentaba síntomas de atoparse baixo a influencia do alcol.
Os axentes da Policía Local sometérono á proba de alcoholemia e deu resultado positivo de 0,73 miligramos de alcol por litro de aire expirado na primeira proba e 0,66 cando lla repetiron.
Os feitos sucederon sobre as 18.22 horas en Combarro. Tras detectar o consumo de alcol, os policías denunciárono como autor dun delito contra a seguridade viaria. Será citado en calidade de investigado para acudir a un xuízo rápido no Xulgado de Garda de Pontevedra.