Máis de 3.000 participantes consolidan o Samain Briz como festa de referencia
Por Redacción
O Samaín Briz de Marín congregou durante a tarde deste xoves e a madrugada deste venres máis de 3.000 persoas na Finca de Briz, unha cifra que supón a consolidación da cita festiva, pois, a pesar da choiva, achegáronse por Marín 2.000 persoas máis que o ano pasado.
A organización, que asumen o Concello, a Fundación Juan XXIII e a Comparsa Os Da Caña, indica que o dato converte o Samaín Briz na festa de referencia en Galicia para celebrar a véspera do Día de Todos los Santos.
Destacan desde a organización que a chuvia fixo acto de presencia durante parte da tarde e da noite e, así e todo, en ningún momento afectou á asistencia nin ao desenvolvemento das camiñadas do terror e do espanto. Si que houbo escenas preparadas que se tiveron que anular.
Segundo destacan os organizadores, como resultado das enquisas que foron facendo ao longo da tarde-noite entre o público, houbo moita presenza de xente chegada de moitos lugares de Galicia, ademais dos marinenses, que un ano máis apoiaron esta iniciativa de ocio.
A contorna de Briz converteuse nun auténtico parque temático do terror e, a pesar da elevada afluencia, non se rexistrou ningún incidente e todo transcorreu con normalidade.
A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, destacou que nesta edición trataron de "ir un paso máis alá, profesionalizando toda a organización da festa". Para iso, contrataron á empresa Koremi, especializada na xestión deste tipo de eventos. Asemade, a comparsa Os Da Caña fixeron un auténtico espectáculo na creación da camiñada de espanto que foi clave na festa.
Tal e como xa se fixera o ano pasado, a próxima semana o Concello manterá unha reunión de avaliación da festa, coa vista posta no ano que ven e en mellorar todas aquelas cuestións que sexan necesarias.
Relacionadas:
-
Este ano tampouco se celebrará o Samaín da Finca de Briz
Por Redacción |
-
A Finca de Briz será escenario dunha carreira de orientación nocturna
Por Redacción |
-
Marín opta por suspender a gran festa do terror na Finca de Briz e festexará o Samaín con decoración
Por Redacción |
-
O Samaín de Briz non ten medo da choiva
Por Redacción |
-
Un plan especial de tráfico facilitará a participación e estacionamento no Samaín Briz
Por Redacción |
-
O Samaín Briz será o 31 de outubro e incorporará un obradoiro de cabazas e un espazo gastronómico
Por Redacción |