O reggaeton ou os vampiros de Crepúsculo poden fomentar violencia machista entre mozos
Por Oskar Viéitez
A Concellaría de Benestar Social del Concello de Pontevedra alerta do sexismo de Crepúsculo ou das cancións de reggaeton.
Millóns de mozos en todo o mundo empápanse dese comportamento e o rol atribuído á muller que transmiten certas expectativas ou ideas do que se espera delas, segundo os patróns sexuais: caseira, sometida, dependente, reservada, fráxil. Unha imaxe á cal a muller se ten que adaptar, baixo pena de exclusión, rexeitamento ou crítica do resto da sociedade.
A concelleira Carme Fouces, responsable da Área da muller, avanzou que dentro do traballo de "prevención de violencia sobre as mulleres" que coordina o seu departamento van relanzar unha unidade didáctica entorno a esta saga Crepúsculo nos Institutos de Pontevedra "para que os rapaces saquen as súas propias conclusións xa que non buscamos demonizar nin imos facer xuizos morais, que a xente disfrute do cine e da música pero que tamén saiba detectar a linguaxe e a violencia".
Fouces anunciou tamén que a campaña institucional deste ano para o Día da Non Violencia contra a Muller, que se celebra o próximo día 25 de Novembro, contará coa colaboración do grupo de Teatro Chévere que analizará dende esta perspectiva "as letras das cancións que tanto soan".
Por outra parte, a responsable do Centro de Información á Muller do Concello de Pontevedra, a psicóloga, Rosa Campos, anunciou a recepción dunha axuda do Instituto da Muller, dentro do Programa IRENE.
O obxectivo do programa é mostrar, dunha forma divulgativa, toda a problemática que formulan os delitos contra a liberdade sexual, incidindo de forma especial en dous colectivos vulnerables e indefensos: menores e adolescentes, no marco da comunidade educativa. Preténdese que mozos e adolescentes coñezan o significado dunha agresión sexual, ou por que se produce, a actitude ante este tipo de delitos e o coñecemento dos recursos con que se conta e como utilizalos.
Relacionadas:
-
Como manter relacións de parella dende a etapa escolar
Por Oskar Viéitez |
-
'Namorando' axudará a alumnos de Primaria e Secundaria a manter relacións de parella sas
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra acollerá un programa pioneiro contra a violencia sexual nos institutos
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra condena os vampiros machistas de Crepúsculo
Por Natalia Puga |