Amelie marcha deixando poucas incidencias nas Rías Baixas
Por Redacción
A provincia de Pontevedra rexistrou 30 incidencias durante a noite deste sábado ao domingo, segundo o servizo de Emerxencias 112 Galicia. Con todo, segundo os bombeiros do Parque de Pontevedra, do Parque do Salnés e de Vilagarcía de Arousa foron incidencias menores a pesar dos fortes refachos de vento e das abundantes choivas que se produciron durante a noite.
O incidente máis grave tiña lugar durante a noite debido á caída dunha árbore sobre dous vehículos na parroquia pontevedresa de Mourente. Non houbo danos persoais. Segundo a información facilitada polos bombeiros de Pontevedra tamén houbo caída de árbores e de ramas en distintos puntos do municipio como Monte Porreiro ou na contorna de Ponte Sampaio. Non se detectaron asolagamentos na rede de sumidoiros.
A borrasca Amelie afectou principalmente ao norte de Galicia con refachos de vento de 156 km/ h en Estaca de Bares e ondas de mais de 5 metros. Está a desprazarse cara ao leste, segundo os servizos meteorolóxicos. Ao longo deste domingo, na zona das Rías Baixas manteranse as choivas intermitentes e a inestabilidade.
Relacionadas:
-
A Xunta pide "extremar as precaucións" polo temporal costeiro
Por Oskar Viéitez |
-
Poio e Cerdedo-Cotobade, líderes en chuvias este domingo en Galicia con máis de 45 litros recollidos por metro cadrado
Por Redacción |
-
Tras a presenza de Amelie este sábado chegará outra borrasca ás Rías Baixas que deixará inestabilidade para toda a semana
Por Redacción |