Os oficios tradicionais reivindícanse na Feira de Artesanía de Ponte Caldelas
Por Redacción
33 persoas que se dedican á artesanía participaban como expositores este domingo na cuarta edición da Feira de Artesanía que se realiza en Ponte Caldelas. Por primeira vez, a actividade levaba a cabo na praza de España. Foi necesario instalar unha carpa para evitar problemas coas inclemencias do tempo.
A pesar da choiva, numeroso público achegábase a esta cita cos oficios tradicionais e en perigo de desaparición como os relacionados coa elaboración de zocos ou coa reparación das cadeiras de montar e de elaboración de obxectos de vidro.
A organización corre a cargo da asociación cultural das Miñas Mans e conta coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas. A intención é apoiar a este sector con presenza de talladores de madeira, artesáns da cerámica, da bixutería de bolsos, marionetas, xabóns naturais ou xoguetes de madeira. Tampouco faltou un espazo gastronómico para degustar produtos naturais.