Alberto Núñez Feijóo e María Ramallo trasladan ao empresariado os compromisos cumpridos con Pontevedra
Por Anxo Lourido
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, mantivo un encontro este luns con representantes do empresariado pontevedrés no Hotel Galicia-Palace, ao que asistiu a candidata popular pola provincia María Ramallo; o presidente do PP provincial, Alfonso Rueda e o presidente local, Rafa Domínguez.
Núñez Feijóo pediu que se una o voto no Partido Popular nas eleccións do próximo domingo 10 de novembro para que se recuperen os compromisos con Galicia. Sinalaba que España non aguanta máis incerteza e que só un cambio de goberno permitirá o crecemento, a creación de emprego e a fortaleza industrial.
O presidente dos populares galegos fixo un repaso dos investimentos realizados e os proxectos comprometidos con Pontevedra. Desta forma, lembrou que desde a Xunta acordaran duplicar as instalacións xudiciais e construiron o edificio dos novos xulgados na Parda; ademais de recuperar o de Benito Corbal para a Universidade de Vigo e para diferentes colectivos.
En canto ás infraestruturas comprometidas indicou que a Xunta está a investir 3 millóns de euros en sendeiros en zonas perimetrais de Pontevedra e de Concellos lindeiras. Ademais, insistiu en que está presupostada a creación da Variante de Alba á espera de que o Concello "nos diga cuál es el itinerario pactado". Engadiu os cinco millóns que se investirán na estación intermodal coa unión entre as estacións de tren e de autobús. Núñez Feijóo avanzou que a intención é que a reforma estea rematada en 2020.
En canto ao saneamento da ría, o líder do PPdeG asegurou que se van a investir 60 millóns de euros, a pesar de que a Xunta carece de competencias en materia de abastecemento e saneamento de auga, indicou. Neste sentido, afirmaba que licitaron a ampliación da depuradora de Praceres e facer un emisario submarino pactado coas confrarías, cun investimento xa recollido nos orzamentos de 13 millóns de euros.
Respecto a Ence, Núñez Feijóo dixo que "mucho hablan de Ence, pero el problema es sanear la ría. No es un problema de Ence. ¿Nos gusta la ubicación? No. ¿Preferiríamos otro sitio? Sí, pero mientras no buscamos o no encontramos otro sitio lo que no podemos es desestructurar a la primera empresa de la comarca". Sinalou que a marcha de Ence sería un ataque directo ao emprego da cidade, da comarca e do porto de Marín.
Tamén confirmou que espera que en 2020 se inicie a construción da residencia da terceira idade de 120 prazas. Sinalou que a Xunta conseguira que a Fundación Amancio Ortega desembolsase 90 millóns de euros para financiar o 100% da construción de 7 residencias e o seu equipamento.
Por último, en relación coa sanidade explicou que hai un compromiso en Pontevedra coa construción do novo Montecelo e que se contempla no orzamento de 2020. A obra supoñerá un investimento de máis de 100 millóns de euros e sinalou que os prazos se atrasaron porque foi necesario elaborar o proxecto, cambiar o plan inicial e crear un plan sectorial cuxa elaboración leva 12 meses de traballo.
Relacionadas:
-
O PSOE sostén que 'Ence si, pero non aí' e aposta por unha mesa de negociación para o traslado
Por Redacción |
-
Ana Pastor, candidata por Madrid, pero envorcada na campaña en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O PP anuncia unha campaña a pé de rúa para poñer fin á parálise de Sánchez
Por Redacción |