Bueu retoma as obras da piscina municipal, que estará lista na primavera do 2020
Por Redacción
O Concello de Bueu retoma as obras de construción da piscina municipal cuberta paralizadas desde o mes de xullo pola xubilación do arquitecto municipal. Por iso, o alcalde Félix Juncal visitou este luns as obras para coñecer de primeira man o avance das mesmas, nas que só resta a instalación dos sistemas de climatización e maquinaria para o seu funcionamento.
Nas semanas anteriores, coa toma de posesión do novo arquitecto, liquidáronse diversos problemas de tipo administrativo e técnico. Coa execución dos últimos detalles, o goberno local espera rematar os traballos na primavera do 2020, o que permitirá cumprir os prazos dun contrato valorado en 2,25 millóns e as condicións da axuda da Deputación, que achega un millón e medio euros.
Doutra banda, o Concello de Bueu pechará o seu programa festivo do 2019 coa celebración do San Martiño que chegará cunha programa repleto de eventos deseñados para todos os membros da familia desde o 8 ao 11 de novembro. Proxección de pezas audiovisuais, xogos tradicionais, deportes, degustación de castañas e espectáculos musicais centran a programación da última ' freguifesta', nome co que o Concello bautizou as festas parroquiais que se realizan en Bueu, do ano.
Relacionadas:
-
As freguifestas continúan a vindeira fin de semana en Ons
Por Redacción |
-
Preto dun cento de persoas estrean a nova piscina municipal cuberta de Bueu
Por Redacción |
-
Bueu inaugura a súa piscina municipal
Por Redacción |
-
A piscina de Bueu, lista para a súa inauguración a falta dos "últimos detalles"
Por Redacción |
-
Unha pasarela mellorará a accesibilidade no pavillón municipal Pablo Herbello
Por Redacción |