O PSOE sostén que 'Ence si, pero non aí' e aposta por unha mesa de negociación para o traslado
Por Redacción
Guillermo Meijón, número 2 da lista do PSOE ao Congreso, indicaba este luns que os socialistas continúan mantendo a súa postura sobre a situación da fábrica pasteira na ría de Pontevedra: "Ence si, pero non aí".
O candidato afirmaba durante un encontro coa prensa que o tema de Ence atópase en mans dos xuíces, que deberán decidir sobre a prórroga de 75 anos concedida polo goberno de Mariano Rajoy, unha prórroga que "entendiamos que era unha auténtica animalada".
Meijón sinalou que é necesario un cambio de localización para seguir xerando postos de traballo dentro da comarca e aposta por crear unha mesa de negociación na que desexan que se atope o conxunto das forzas políticas, entre as que inclúe ao PP de Núñez Feijóo. O representante socialista criticou que o presidente da Xunta renegue agora do traslado pero lembra que o Partido Popular votou no Parlamento de Galicia a favor dese traslado da fábrica pasteira e que Telmo Martín obtivera o mellor resultado do PP en Pontevedra, con 12 concelleiros, cando se comprometeu ao peche de Ence.
Tanto Guillermo Meijón como a número dous ao Senado, Marica Adrio, mostraron a súa confianza para a cita coas urnas do próximo domingo 10 N. Esperan obter catro deputados en Pontevedra e manteñen a ilusión de lograr o quinto.
Relacionadas:
-
Traballadores de Ence mobilízanse contra a Lei do Cambio Climático que pechará a fábrica no 2033
Por Manu Otero |
-
As socialistas instan a votar "con cabeza e corazón de muller"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Persoal de Ence parte en autobuses durante a noite para manifestarse este xoves en Madrid
Por Redacción |
-
Alberto Núñez Feijóo e María Ramallo trasladan ao empresariado os compromisos cumpridos con Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
O persoal de Ence convoca unha marcha en Madrid para defender os postos de traballo da fábrica de Lourizán
Por Redacción |
-
A biofábrica de Ence Pontevedra culmina o seu proxecto de integración paisaxística
Por Noticia patrocinada |