Detidos en Pontevedra dous cidadáns albaneses integrantes dun grupo que roubaba en vivendas de toda Galicia
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Axentes da Unidade da Policía Xudicial da Garda Civil de Coruña e Ourense manteñen aberta a Operación Komodo, que ata o momento dá como resultado a detención de tres integrantes dun grupo criminal formado por cidadáns de Albania.
Segundo fontes da investigación, este grupo está dedicado á comisión de delitos de roubo con forza no interior de vivendas habitadas ao longo de toda Galicia. Atribúeselles un delito continuado de roubo con forza nas cousas.
Dous dos integrantes foron detidos este luns na cidade de Pontevedra a última hora da mañá deste luns. A outra integrante desta agrupación foi detida no aeroporto de Lavacolla-Santiago de Compostela.
A Garda Civil mantén aberta a operación e non se descarta que se produzan máis detencións. De momento, ademais destes tres arrestos, tamén se realizaron rexistros domiciliarios, un deles na cidade de Pontevedra