A Xunta activa varios programas integrados para desempregados
Por Redacción
A Xunta de Galicia porá en marcha novos programas integrados para persoas desempregadas.
Esta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria beneficiará a 100 desempregados da mancomunidade do Salnés (Cambados, A Illa de Arousa, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa y Vilanova de Arousa), outros 100 dos concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Moraña, Portas e Barro; e 200 desempregados dos concellos de Marín e Poio.
O programa, que acaba de comezar este mesmo mes, favorecerá a alumnos procedentes das oficinas de emprego. O control e seguimento dos cursos será responsabilidade da administración autonómica.
O orzamento para toda a provincia de Pontevedra supera os 2,5 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Comeza un novo programa integrado de emprego para os concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Barro, Moraña e Portas
Por Redacción |
-
Os concellos de Caldas e a súa contorna preparan un novo plan de emprego para cen persoas
Por Redacción |
-
Moraña supera por primeira vez na década os 1.500 afiliados á Seguridade Social
Por Redacción |