A Policía Xudicial da Garda Civil requisa xoias e diñeiro no piso onde residían integrantes do grupo criminal albanés
Por Redacción
Axentes das unidades de Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña e Ourense continúan traballando na Operación Komodo na que se está desarticulando a un grupo criminal que realizaba roubos en vivendas, sobre todo, do sur de Galicia.
Na mañá deste martes 5 de octubro, os axentes chegaban ata a Rúa da Tablada, situada nas proximidades da Audiencia Provincial e da rúa Rosalía de Castro, a través de coches camuflados. Acompañados polos dous cidadáns albaneses detidos horas antes en Pontevedra como presuntos integrantes da banda, os axentes levaron a cabo un rexistro da vivenda na que residían no número 8 da Rúa da Tablada.
Alí, segundo fontes da investigación, incautábanse dunha importante cantidade de diñeiro e xoias, material que presuntamente era parte do botín dos numerosos roubos realizados ao longo dos últimos meses.
Aos dous detidos en Pontevedra súmase tamén unha muller, que foi retida no aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela. O delegado do Goberno Javier Losada afirmaba que a operación está practicamente finalizada.