Castañas para todos este venres en Moraña
Por Redacción
Semana de magosto en Moraña. Se o sábado son dúas asociacións culturais as que organizan esta tradicional festa outonal na contorna da carballeira de Santa Lucía, o venres será o Concello o que promova a súa propia celebración nunha xornada na que non faltarán nin as castañas nin a música.
A partir das 21 horas, baixo unha carpa que estará instalada no emblemático espazo natural de Moraña, terá lugar unha nova edición do clásico Magosto de Outono que contará este ano coa actuación musical de Lucía Pérez e do grupo A Roda. O menú completarase coa oferta de chourizos asados para todos os que se animen a acudir a un evento ao todo o mundo está convidado.
A alcaldesa de Moraña, Luísa Piñeiro, supervisou este mércores os preparativos da festa na propia carballeira, na que xa empezan a instalar unha carpa de 250 metros cadrados de superficie. Lembrou a rexedora que a degustación destes produtos será gratuíta.