As obras de mellora da Peralba entran na súa recta final
Por Redacción
O núcleo da Peralba, en Marcón, xa ten instalada a rede de saneamento que dará servizo aos seus veciños. Así o vén de confirmar o Concello de Pontevedra, que destaca que agora comezará a última fase das obras de mellora deste ámbito do rural pontevedrés.
O saneamento tivo un custe de 130.936,27 euros e foi asumido pola empresa Viaqua con cargo ao novo contrato municipal. Dará servizo a unhas 26 vivendas.
Unha vez rematada a instalación do saneamento, toca estender a nova pavimentación. Estes traballos, se o tempo o permite, realizaranse na vindeira semana e comezarán coa incorporación dos sobreanchos da vía.
A mellora da estrada custará 163.993,45 euros, xa que está previsto o asfaltado de 900 metros, a instalación de 500 metros da canalizacións de pluviais, a instalación de varandas en espazos elevados e a colocación de lombos e de sinalización viaria.
"Quedará unha obra moi boa coa recollida de augas, o saneamento e o chan pavimentado", destacou o concelleiro do Rural, Alberto Oubiña.
Relacionadas:
-
O Concello destinará 361.000 euros anuais a manter espazos públicos no rural
Por Alejandro Espiño |
-
A rede de abastecemento de auga en Salcedo dará servizo a 531 vivendas
Por Alejandro Espiño |
-
O despregamento do saneamento rural continuará por San Andrés de Xeve
Por Alejandro Espiño |
-
Comezan as obras do novo abastecemento de Marcón
Por Oskar Viéitez |
-
Todo Mourente terá auga da traída antes de dous anos
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra será en tres anos a primeira cidade "totalmente saneada" de Galicia, di o BNG
Por Redacción |
-
O Concello aproveita o asfaltado na Peralba-Marcón para instalar o saneamento
Por Oskar Viéitez |