O PP saca peito do proxecto de Gran Montecelo nun encontro electoral con persoal sanitario
Por Redacción
A cabeza de lista do PP ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra, María Ramallo, presentou este mércores o seu programa a un grupo de persoas do sector sanitario nun acto electoral no que sacou peito do investimento que a Xunta de Galicia realizará en Pontevedra con motivo de proxecto de Gran Montecelo, "a gran aposta sanitaria do goberno de Feijóo na cidade do Lérez".
A candidata 'popular' e alcaldesa de Marín tamén confirmou que xa se está traballando na supervisión do proxecto para a execución das obras co fin de licitar o traballo antes de fin de ano e comezar os traballos ao longo do ano 2020.
O acto electoral con persoal sanitario no Hotel Rías Baixas contou coa presenza do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e o portavoz do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, médico de profesión e que aproveitou para agradecer o compromiso da Xunta co Gran Montecelo e para destacar que a expropiación dos terreos xa aprobada é "outro paso máis" para que en 2020 se liciten as obras.
O conselleiro de Sanidade destacou varios aspectos "fundamentais e novidosos" do Gran Montecelo, tales como a incorporación de UCI pediátrica, oncoloxía radioterápica e medicina nuclear. "A aposta por este hospital vai ser total. Falamos dun investimento de 140 millóns de euros, e a maiores, unha partida de 30 millóns para equipamento de última tecnoloxía", destacou.
Almuíña subliñou que esta ampliación faise en base a un proxecto e un plan funcional consensuados, polo que "podemos falar do Gran Montecelo de todos” e lembrou que a ampliación de Montecelo cubrirá as necesidades da área sanitaria para os próximos 30 anos.
María Ramallo destacou a "necesidade de valorar unha sanidade que é envexada en todo o mundo" e que, aínda que sempre se pode mellorar, "o noso nivel é de altísima calidade. Pola súa banda, Domínguez profundou nos datos do último barómetro sanitario publicado polo CIS, no que os galegos han cualificado a súa sanidade coa segunda nota máis alta da serie histórica, e a atención primaria como o servizo mellor valorado, superando á media nacional.
Relacionadas:
-
Rajoy, "muy contento" de volver a Pontevedra: "Da gusto venir a esta ciudad"
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Os afectados pola ampliación do Gran Montecelo aseguran que a Xunta volverá taxar os seus inmobles
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez reúnese cos afectados polas expropiacións do "Gran Montecelo"
Por Redacción |
-
Os afectados polas expropiacións do Gran Montecelo tachan de "roubo" a valoración das súas propiedades
Por Oskar Viéitez |
-
Visto e prace ao proxecto sectorial para a ampliación de Montecelo
Por Redacción |