O PSOE chama a "frenar a la ultraderecha" para evitar o retroceso en dereitos e liberdades
Ir votar este domingo é "más necesario que la otra vez" para lograr "frenar a la ultraderecha" e evitar o retroceso que viviría o país en materia de dereitos e liberdades se goberna unha coalición formada por PP, Cidadáns e Vox. Así o sinalou o secretario de Xustiza e Novos Dereitos do PSOE e embaixador de España ante a Unesco, Andrés Perelló.
O dirixente socialista, acompañado entre outros por Gonzalo Caballero, visitou Pontevedra este xoves e defendeu que o PSOE é o "bloque" que pode "aglutinar" o voto da esquerda para evitar que gobernen as dereitas en España.
"Las derechas españolas, a fuerza de echarle chuletas al caniche, le ha ido creciendo la melena y ahora se están dando cuenta de que no era un caniche, de que era un león y de que se los está comiendo", afirmou Perelló, que asegurou que a ese león "solo le puede hacer frente un partido sólido y con capacidad de gobierno" como o PSOE.
O embaixador de España ante a Unesco lembrou que todas as leis que en España e Europa levan o "sello del progreso y del avance" están asinadas por un ministro ou un presidente socialista.
Entre elas, citou a lei que regula a xornada de 40 horas, a lei de dependencia, a lei do matrimonio igualitario, a lei de divorcio, a lei de memoria histórica ou a lei de eutanasia, esta última aínda en trámite.
A lei de morte digna, explicou Perelló -que participou na súa elaboración-, será unha lei "para los que no quieren sufrir", pero apuntou que "quien quiera seguir sufriendo, que siga sufriendo", porque aclarou que "si no se aprueba sufrimos todos y si se aprueba solo sufren los que quieren sufrir".
Neste mesmo sentido, subliñou que a lei de divorcio aprobouse para que os estaban nun matrimonio que "era un infierno" tivesen unha alternativa ou que a lei de matrimonio igualitario permitiu que "los que se amen se puedan casar", pero ningunha delas "obliga a nadie" a separarse ou a casar.
O responsable de Xustiza e Novos Dereitos do PSOE destacou que esa é a "diferencia" das leis que "generan progreso, libertades y nuevos derechos", que fan que a cidadanía "avance y gane en humanidad" fronte aos que agora expoñen "cómo tenemos que vivir, cómo tenemos que amar o cómo tenemos que ir a misa".
Perelló censurou ademais que haxa partidos que se "apropien" dunha bandeira "sin ser de ellos" para "tapar sus vergüenzas", xa que "no hay concepto más falso que la patria que plantea la derecha", preguntándose se esa patria é a de "los evasores en Suiza, de ir a misa y luego tener queridas o de que aborten las españolas con perejil y sus hijas vayan a Londres".
Por iso, o dirixente socialista pediu o voto aos galegos, "un pueblo que ya ha probado una cosa y sabe cambiar", apostando nas últimas eleccións por un PSOE ao que definiu como un partido "con los pies en el suelo y la idea en el gobierno".
RISCO PARA AS AUTONOMÍAS
A este respecto, o líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, advertiu que o PP "cabalga a lombos da ultradereita" e recoñeceu que un posible pacto de populares e Cidadáns con Vox "nos preocupa profundamente" porque, ao seu xuízo, significaría un "retroceso" nas liberdades e dereitos dos cidadáns.
Esta hipotética coalición, engadiu Caballero, supoñería ademais un "ataque directo" ao estado das autonomías, xa que a posición de Vox, lembrou, é facer un "xaque mate" e un "atentado" ao autogoberno de Galicia.
Todo iso provoca, ao seu xuízo, que "a medida que pasan os días" demóstrase que o presidente do PP, Pablo Casado, "non dá a talla" para gobernar en España porque "non é un líder competente nin capaz" para asumir os "retos" aos que debe enfrontarse o país.