Sanxenxo adica o mes de novembro á loita contra a violencia de xénero
Por Redacción
O 25 de novembro é o día internacional contra a violencia de xénero e a concellería de Servizos Sociais do Concello de Sanxenxo está a levar a cabo unha ampla variedade de actividades dirixidas a terminar dunha vez por todas con este mal. Desde o primeiro día de novembro, unha lona co lema "Sanxenxo pola igualdade" colga da fachada da casa do concello.
Baixo o lema Na produra da igualdade: o bo está por chegar, levarán a cabo unha iniciativa socioeducativa encamiñada a fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en centros educativos, bibliotecas, centros de saúde, departamentos municipais ou entre membros de asociacións.
Ademais teñen previsto realizar accións contra a violencia de xénero nos campos de fútbol do municipio a través de lonas con mensaxes e imaxes que reivindiquen a igualdade e rexeiten calquera tipo de violencia.
O Concello sanxenxino sumarase este ano á campaña En negro contra as violencias, unha actividade xurdida en Santiago de Compostela no 2015 que consistirá na pegada de carteis en lugares públicos ou centros escolares a cargo de mozos voluntarios do programa municipal +Xuventude. A obra de teatro 5 minutos sen respirar representarase o día 22 na vila sanxenxina e combina a dinamización da lingua galega coa sensibilización fronte á violencia de xénero.
Doutra banda, o goberno local convocará a mesa local contra a violencia de xénero na que participarán, o día 28 ás 17 horas, representantes da Subdelegación do goberno. Ademais, as técnicos do Centro de Información á Muller poñerán en marcha unha campaña de difusión a través dunhas casetas nas portas do Concello o día 25 ás 19 horas.
Pero o principal acto do 25-N terá lugar ás 17 horas no Pazo Emilia Pardo Bazán cun acto conemorativo contra a violencia machista.
A gala servirá para presentar a curtametraxe gañadora do concurso escolar no que participaron alumnos de terceiro e cuarto da ESO e detallaranse os resultados do obradoiro de mellora de autoestima a mulleres a través do teatro coa representación da obra Nós mesmas.
Relacionadas:
-
A exposición Voilá la Femme e as marinenses Celeste Garrido e Isabel Carragal, Premios Lazo Violeta 2019
Por Redacción |
-
Aumenta o número de actividades organizadas polo CIM de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Goberno reparte os novos fondos para loitar contra a violencia de xénero aos concellos
Por Redacción |
-
A Xunta suma as prazas de abastos á campaña do día contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
Sanxenxo orienta as actividades do 25-N cara os centros educativos
Por Redacción |