Benestar Social tende a man á Asociación Xoán XXIII para asinar un convenio de colaboración
Por Redacción
A proposta de establecer unha colaboración estable foi a principal conclusión extraida da visita deste venres da concelleira de Benestar Social, Paloma Castro, ás instalacións que a Asociación Xoán XXIII ten na rúa Eduardo Blanco Amor.
Tras unha reunión co presidente da agrupación, Magín Froiz; e a vicepresidenta, Carmen Puga; a edil socialista destacou "o inxente labor social que desenvolve este colectivo" e mostrou a súa predisposición para establecer unha colaboración estable "pola vía dun convenio anual, algo que non existe nestes momentos".
Durante o encontro, Castro recibiu información dos programas e servizos que a asociación ten en marcha e do proxecto de construción dunha residencia, así como un centro de día e outro de inserción laboral.
"A miña intención é que nos orzamentos do 2020 póidase asinar un convenio de colaboración con eles", remarcou a concelleira, quen ve "imprescindible" en Pontevedra un servizo de residencia como o que planea Juan XXIIII.
A inserción laboral de persoas con diversidade funcional é outro dos aspectos que preocupa á socialista. A cobertura educativa da asociación chega ata os 22 anos polo que ve moi necesario a creación dun centro de inserción laboral.
Aínda que hai empresas como Froiz, que colaboran no campo da inserción, Castro xa iniciou contactos cos responsables municipais de departamentos como o de Promoción Económica e Parques e Xardíns para que os usuarios de Xoán XXIII poidan traballar en tarefas de mantemento do Concello.
Relacionadas:
-
O centro de formación e inserción laboral da Fundación Juan XXIII estará rematado en setembro
Por Redacción |
-
Dez persoas da Fundación Xoán XXIII beneficiaránse dun programa de integración laboral da Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello estuda a organización dun congreso sobre enfermidades neuromusculares
Por Redacción |
-
O Concello e Boa Vida publican unha guía de axudas sociais
Por Redacción |