CCOO pide a UGT e CIG que recapaciten para salvar o convenio de limpeza do que dependen máis de 10.000 traballadoras
Por Diego Espiño
O sector de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra podería quedar definitivamente sen o seu convenio colectivo, do que dependen máis de 10.000 traballadores, case na súa totalidade mulleres.
Tras máis de dous anos de negociación despois de que o convenio perdese a súa vixencia o 31 de decembro de 2010, patronal e sindicatos non conseguiron pechar un acordo, con discrepancias principalmente no plano económico.
Nesta tesitura, e con diferentes posturas dende as centrais sindicais, CCOO pediu a UGT e CIG que reconsidere a súa negativa á proposta da patronal, que establece unha suba do 0,25% para 2011 e 2012 e un 0,5% para 2013 e 2014, pero o que é máis importante, inclúe unha cláusula de ultraactividad indefinida, o que quere dicir, segundo o secretario comarcal de CCOO José Luis García Pedrosa, que "así saltaríase a reforma laboral e non perderiamos o convenio aínda que non existan acordos no futuro".
Os empresarios deron de prazo ata o 18 de xullo para aceptar esta proposta, data na que se celebrará un xuízo por conflito colectivo ante unha demanda de CIG, aínda que UGT tamén interpuxo a súa, o que imposibilita rubricar o novo convenio ao contar CCOO cunha representación de algo máis do 30% das traballadoras, segundo afirma o propio García Pedrosa: "están facendo un plantexamento equivocado, o sentir das traballadoras é que se manteña o convenio incluso sen incremento salarial, non atopamos unha soa traballadora que diga que non hai que firmar".
Relacionadas:
-
O sector da limpeza de edificios cobrará os atrasos antes de rematar novembro
Por Redacción |
-
CC.OO. alerta sobre o futuro incerto do sector da limpeza de edificios
Por Anxo Lourido |
-
3.000 traballadores da limpeza na comarca cobrarán 1.200 euros máis correspondentes a 2011 e 2012
Por Anxo Lourido |
-
O Tribunal Superior de Xustiza obriga ás empresas de limpeza de edificios a incrementar os soldos de 2011 e 2012
Por Redacción |