Bueu instala dous novos colectores para reciclar aceites usados
Por Redacción
Ata 1.848 litros de aceite usado son os que se recolleron en Bueu desde o pasado mes de maio, momento no que se instalaron unha decena de colectores para a súa reciclaxe. Este bo rendemento levou ao Concello a colocar dous novos recipientes.
Segundo informa o goberno municipal, aos que xa funcionan desde maio engádense agora dous máis, ao carón do cemiterio da parroquia de Cela e na rúa Xosé María Estévez, dentro do casco urbano da vila.
Os recipientes, colocados a través da empresa Procesadora Gallega de Alimentos, facilitan a reciclaxe dos aceites vexetais para garantir a correcta xestión e posterior valorización
De entre as áreas nas que se instalaron, a das Lagoas é onde máis se recolleu, con 440 litros, seguida da situada xunto á Praza de Abastos, con 300.
O colector situado na Rúa Nova de Beluso recolleu 270 litros, o da Avenida de Marín 235, o de Can do Penedo 170, o de Agrelo 160, o de Loureiro 150, o de Cabalo 65 e o da praia de Beluso 58. Estes residuos recollidos terían contaminado 2.033 litros de auga.
Desde o Concello animan á cidadanía a que deposite aceite en calquera envase doméstico de plástico e directamente no colector, sen bolsas de plástico.