As XVIII Xornadas Blanco Freijeiro xirarán en torno á historia da música
Por Redacción
A Biblioteca Municipal Vidal Pazos acollerá do 25 ao 29 de novembro unha nova edición das Xornadas Blanco Freijeiro de arte, arqueoloxía e historia, que estará adicada, nesta ocasión, á historia da música, con catro conferencias, algunhas interactivas con música en directo, en torno a ela, todas as 20.00 horas.
A concelleira Beatriz Rodríguez presentou este mércores no Concello o programa das xornadas, acompañada do coordinador das xornadas, Juan Castro, de Anta da Moura, e Gonzalo, afillado de Blanco Freijeiro.
Beatriz Rodríguez animou a todos os marinenses a inscribirse nestas xornadas e tamén fixo un chamamento "a todas as entidades musicais que temos en Marín, que son un referente, para que asistan".
Para asistir ás xornadas, que levan o título "Per Musicam Historia", é obrigatorio inscribirse previamente, escribindo un email a xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com ou chamando ao 986 891 186.
En todas as edicións das xornadas, organízase unha visita guiada a un lugar de interese a nivel patrimonial e artístico. Nesta ocasión, o domingo día 1 de decembro esta visita será ao Pórtico da Gloria, na catedral de Santiago de Compostela, onde se poderá coñecer de preto a obra do Mestre Mateo, logo da súa restauración.