A Policía Local de Marín volve interceptar a un condutor sen o carné de conducir
Por Redacción
A Policía Local de Marín, por terceira vez esta semana, volveu interceptar este venres a un condutor sen carné circulando.
Nesta ocasión, enmarcada dentro dos controis da campaña estatal da Dirección Xeral de Tráfico, localizaron este individuo que tiña o permiso retirado desde xuño.
Practicóuselle unha proba de detección de drogas, que arroxou un resultado positivo, polo que, segundo informan fontes do corpo de seguridade local, o condutor enfróntase a unha condena penal. Ademais será sancionado con 1.000 euros.