O CEIP Ardán celebra as tres décadas da súa renovación
Por Redacción
Trinta anos non se cumpren todos os días. Esa cifra redonda desde a súa renovación é a que celebrou ao grande do CEIP de Ardán.
Non en balde naquela data agora afastada iniciouse un novo camiño tras a loita de nais e pais para que o centro continuase aberto.
Por ese motivo, a comunidade educativa da parroquia marinense celebrou a efeméride cunha xornada festiva na que participaron alumnos, pais, nais e mestres do alumnado actual e de promocións antigas.
Tamén participou do acto o concelleiro de Medio Rural de Marín, Pablo Novas, recoñecendo que "nótase a unión e as ganas de levar a cabo proxectos adiante".
O grupo de gaitas de Carballido puxo do seu parte amenizando a segunda parte da xornada que, ante a ausencia de choiva, se puido celebrar no patio do centro, con merenda e magosto incluído para os pequenos.