É tempo de magostos no colexio de Ponte Sampaio
Por Redacción
Este venres o alumnado de primaria do CEIP de Ponte Sampaio participou no tradicional magosto escolar que persegue os obxectivos de dinamizar o uso da lingua galega na infancia a través do xogo e do traballo en equipo ao tempo que se promoven as festas populares e se interacciona coa contorna.
Mentres as mestras e o conserxe preparaban as castañas asadas, os nenos participaron en diversos xogos populares deseñados especialmente para esta actividade. Para superar as distintas probas a rapazada tivo que empregar as súas destrezas de traballo en equipo, resistencia, habilidade e velocidade física e mental.
Despois de xogar, os nenos estiveron degustando as castañas asadas e para rematar tiznáronse uns aos outros cos restos de cinza.
Tamén se lle deu un diploma de agradecemento ás familias colaboradoras e entregáronse os premios aos gañadores das cabazas do Samaín.
Relacionadas:
-
O alumnado de Ponte Sampaio toma conciencia sobre a educación na paz e a non violencia
Por Redacción |
-
Luis Zahera, unha visita de cine no colexio de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
A cativada do colexio de Ponte Sampaio pásao en grande coa festa do Samaín
Por Redacción |
-
O colexio de Ponte Sampaio maniféstase e toma conciencia sobre a emerxencia climática
Por Redacción |
-
O alumnado de Ponte Sampaio ben merece a 'Compostela'
Por Redacción |