VIDEO.- Incendio nun bazar chinés da rúa Peregrina
Por Oskar Viéitez
Os Bombeiros de Pontevedra tiveron que acudir á rúa Peregrina para sufocar un incendio rexistrado nun bazar chinés. O lume localizouse nun altillo que este baixo comercial utiliza como almacén.
O incendio provocou unha densa fumareda que provocou o desaloxo dos veciños das tres plantas deste inmoble, situado no edificio número 55 desta céntrica rúa.
O tipo de material almacenado, de alta carga combustible, complicou os traballos de extinción.
A Policía Local tamén cortou o tráfico na rúa Andrés Mellado e acordoou a zona como medida de seguridade.
Ata o lugar dos feitos tamén se desprazou unha ambulancia, aínda que non consta que haxa danos persoais.