O PP denuncia que Andrés Díaz aumentou as facturas sen pagar do Concello de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular acusa ao alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz de "seguir acumulando nos caixóns" facturas impagadas que acadan a cifra de 1.603.963,87 euros, segundo se desprende do informe do novo interventor que analizou os datos de morosidade do Concello para o terceiro trimestre.
Os populares critican que as facturas sin pagar do goberno aumentaron un 28% "segundo recoñeceu o propio rexedor a preguntas do grupo popular no último pleno".
Ante a situación económica do Concello, o alcalde Andrés Díaz convocou un pleno urxente para este martes ao mediodía para someter a coñecemento da corporación un novo Plan Económico Financeiro (PEF) toda vez que o aprobado no mes de setembro non obtivera o visto bo das autoridades económicas encargadas de supervisalo.
O PP considera "curioso" que se convoque con esta urxencia o pleno "sin que a oposición teña tempo material para profundizar e analizar con rigor" o novo plan financieiro que "como se pode ver non foi produto dun erro humano senón que mentiu e é porque o que enviou a Facenda non convencía aos técnicos encargados de supervisalo e polo tanto botáronllo para atrás", asegurou o voceiro popular Antón Xil.
"Outra cuestión curiosa é que Andrés Díaz convoca os plenos económicos e os incómodos para a súa xestión ao fronte do equipo de goberno en lugar de celebra-los ás 20 horas convócaos para as 13:30 horas cando sabe que é máis complicada a asistencia da cidadanía e podan comprobar en persoa do nefasto modelo de xestión que leva a cabo o alcalde", indicou o portavoz do PP.
Finalmente, o voceiro popular manifestou a súa preocupación porque "a medida que o interventor nos facilita datos oficiais comprobamos como segue aumentando a débeda, as facturas impagadas e a desviación orzamentaria prevista para o ano 2019 o que pon en serio risco o cobro de proveedores".
Relacionadas:
-
O PP de Ponte Caldelas acusa o alcalde de esgotar a enxeñería financeira aprazando débedas e xogando cos impagos
Por Redacción |
-
O Pleno de Ponte Caldelas aproba o anteproxecto da Estación Termal
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas presume de ser un concello "solvente e estable" e da súa "capacidade de aforro"
Por Oskar Viéitez |