Cuntis incorpora a castaña á dieta diaria
Por Redacción
Un magosto máis en Cuntis chegan as castañas pero non só dun xeito tradicional, se non, que tamén hai espazo para a innovación.
O sábado 16 de novembro foi un día grande para a castaña na vila termal, e por iso, o concello de Cuntis encargouse de encher de actividades un programa completísimo.
Comezaron cun taller de cociña a cargo do chef Iván Méndez o cal acudiron arredor de medio cento de persoas que puideron saber todas as chaves para incorporar este froito á dieta diaria.
Ao mediodía chegou a hora das tapas polos diferentes bares no cal degustar este producto dun xeito diferente e pola tarde, seguiron os obradoiros con inchables onde os máis cativos desfrutaron dun xeito ameno.
E xa para rematar houbo un taller de repostaría na praza de abastos no cal se elaboraron as creacións que se degustaron na carpa da Praza da Constitución xunto co magosto tradicional no que non faltaron as actuacións musicais.
Relacionadas:
-
Cuntis pon en marcha un obradoiro de cociña de inverno
Por Redacción |
-
O Serán-magosteiro de Moraña celebra unha década de existencia
Por Redacción |
-
Cuntis busca potenciar a "castañicultura"
Por Redacción |
-
Cuntis ofrece unha charla formativa ao redor da plantación de castiñeiros
Por Redacción |
-
Cuntis informa do tratamento contra o "cancro" dos castiñeiros
Por Redacción |