O rei Juan Carlos asiste ao final da Copa de España de 6 metros en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
Broche de ouro final á Copa de España de 6 metros en Sanxenxo. Este sábado, tras a primeira xornada da última cita do circuíto, celebrouse a cerimonia de entrega de trofeos.
O acto estivo presidido polo rei emérito Juan Carlos I e contou coa asistencia do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo; a secretaria de Estado para o Deporte, María José Rienda; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín; e o almirante Fausto Escrigas.
Telmo Martín foi o encargado de abrir o acto e fíxoo destacando que "el año que viene celebraremos aquí el campeonato de Europa de 6 metros y en el 2021, año Xacobeo, el Mundial".
O presidente da Xunta lembrou cando o rei Juan Carlos chamouno para confirmarlle que a candidatura de Galicia fora a elixida para albergar estes dous campionatos consecutivos, "y nunca estaremos lo suficientemente agradecidos por ponernos una vez más en el mapa del mundo y en el mapa de la élite de este deporte. En Galicia estamos muy contentos con usted, Su Majestad, porque es nuestro permanente embajador, embajador vitalicio de Galicia y del Camino de Santiago".
O "Bribon 500 Movistar" e o "Seljm" foron os dous grandes protagonistas da noite e é que ambos renovaron este ano a vitoria obtida na Copa de España de 2018.
Esta fin de semana, ademais, o barco que patronea habitualmente Don Juan Carlos -que nesta ocasión está dirixido por Jane Abascal- contou a bordo coa secretaria de Estado para o Deporte.
Pola súa banda o gañador do Trofeo Xacobeo 2021, o "Seljm" de Patrick Monteiro, recibiu o premio de vencedor da clase Open.
Este domingo, celebrouse en augas de Sanxenxo a última xornada de regatas da tempada e, do mesmo xeito que na xornada do sábado, a infanta dona Elena volveu competir a bordo do "Erica".
Relacionadas:
-
A climatoloxía, protagonista na despedida da Regata Rey Juan Carlos
Por Redacción |
-
O rei emérito reaparece en Sanxenxo tras a súa operación de corazón: "Estoy bárbaro"
Por Redacción |
-
O Bribón do Rei Juan Carlos aproveita unha táctica fallida de Erica da Infanta Elena e faise co título
Por Sofía Lorenzo |