Unha moza de 23 anos denuncia un caso de abuso sexual no baño dun bar
Por Natalia Puga
A Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional de Pontevedra mantén aberta unha investigación para aclarar unha denuncia por abuso sexual presentada esta fin de semana por unha moza de 23 anos. De momento, os investigadores seguen tentando identificar ao suposto autor dos abusos a partir dos datos facilitados pola vítima.
A moza denunciou na Comisaría que todo ocorreu na noite do venres nun negocio de hostalería da cidade. Ela entrou no baño e un home seguiuna, empezou a realizarlle tocamentos e non a deixaba abrir a porta e saír, segundo a información facilitada por fontes policiais.
Segundo consta na denuncia presentada pola moza, ela empezou a forcexear e logrou librarse do home que a mantiña retida e saír á rúa. Tras iso, acudiu á Comisaría para poñer os feitos en coñecemento da Policía Nacional.
A UFAM fíxose cargo das investigacións e empezou pola toma de declaración ás testemuñas, pero, de momento, non logrou identificar o autor.
Relacionadas:
-
Un mozo denuncia o porteiro dun pub por un empuxón que lle causou lesións
Por Natalia Puga |
-
"Emerxencia Feminista contra o terror machista"
Por Cristina Saiz |
-
Pontevedra súmase á Emerxencia Feminista
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Colectivos feministas chaman a tinxir Pontevedra de violeta na noite do 20 de setembro
Por Redacción |