O pontevedrés Guillermo Meijón, o deputado máis madrugador no novo Congreso
Por Redacción
Un deputado por Pontevedra, o socialista Guillermo Meijón, foi o primeiro congresista electo o pasado 10 de novembro en acudir á Cámara Baixa a presentar as súas credenciais.
Este é un trámite obrigado para que os novos parlamentarios poidan formalizar a súa incorporación ao Congreso. Nel, os deputados deben entregar as credenciais expedidas polas xuntas electorais provinciais, documentos que lles acreditan como deputados electos.
Este proceso culminará o próximo 3 de decembro, data prevista para a sesión constitutiva das Cortes Xerais.
Meijón, que xa foi deputado socialista nas catro últimas lexislaturas, presentouse no Congreso minutos antes das dez da mañá, adiantándose ao seu compañeiro de partido Luis C. Sahuquillo, deputado por Conca.
Ademais de presentar estas credenciais, os deputados deberán declarar os seus bens e facerse a fotografía oficial. Por acceder ao seu cargo recibirán, por outra banda, un teléfono móbil e unha tableta electrónica para facilitar o seu traballo como parlamentario.
Relacionadas:
-
Lores pon 'deberes' a Sánchez: A-57, tren de cercanías ou nó de Bombeiros, entre as prioridades
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE provincial aposta porque nas autonómicas se vai repetir o mesmo resultado destas xerais
Por Redacción |
-
"Obxectivo cumprido" no BNG ao regresar ao Congreso cun escano
Por Oskar Viéitez |
-
Satisfacción no PP local polo resultado electoral: "cambiamos la tendencia"
Por Oskar Viéitez |