Feridas dúas persoas ao impactar o seu turismo contra unha casa en Barro
Por Redacción
Un turismo no que viaxaban dúas persoas saía da vía na tarde deste martes e impactaba contra unha casa no municipio de Barro. Segundo a información facilitada polo servizo de emerxencias 112 Galicia, as dúas persoas que viaxaban no vehículo precisaron asistencia médica e foron trasladadas ao hospital Montecelo para unha exploración das feridas.
O accidente rexistrábase ao redor das 16.50 horas no punto quilométrico 109, da Nacional 550. Un particular alertaba do accidente ao 112 Galicia.
Desde o servizo de Emerxencias alertábase a Urxencias Sanitarias de Galicia 061, á Garda Civil de Tráfico, aos bombeiros de Ribadumia e de Pontevedra, ademais da o servizo de mantemento da vía e aos dispositivos de Protección Civil de Barro.