A Universidade alerta do aumento de casos de papeiras no Campus de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A Universidade de Vigo "tras detectarse algúns casos de parotidite ( paperas) no Campus de Pontevedra", instou a toda a comunidade académica a seguir as recomendacións de técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade par evitar a difusión desta enfermidade.
Os técnicos recomendan, especialmente aos mozos de 18 a 24 anos, revisar a cartilla de vacinación para evitar a difusión das paperas, despois de que estea a detectar un "lixeiro aumento dos casos desta enfermidade", fundamentalmente entre estas idades.
Afortunadamente, a maioría deles teñen administradas as dúas doses da vacina tripla vírica (sarampelo, rubeola e parotiditis), xa que figura no calendario vacunal galego desde 1981.
Se algunha persoa ten dúbidas de se está vacinado coas dúas doses desta vacina ou non o lembra, é conveniente que se poña en contacto co seu médico de cabeceira.
Fai falta remarcar que a parotiditis é unha enfermidade "benigna pero contaxiosa". O feito de que algún destes mozos, aínda estando vacinados, teñan paperas é debido a que a resposta inmunológica da vacúa fronte ao virus da parotiditis vai descendendo co paso do tempo.
Para previr a extensión da enfermidade, o departamento sanitario galego quere facer unha serie de recomendacións. Así, en primeiro lugar, as persoas que a padezan non deben acudir ao seu centro académico ou traballo, ou a outro tipo de actividade común como pode ser a deportiva, nos cinco días seguintes ao comezo dos síntomas. Ademais, debe evitarse ter contacto con embarazadas, persoas inmunodeprimidas ou nenos menores de 12 meses.
Lembrar que os síntomas máis habituais das paperas son a dor facial, febre, dor de cabeza, dor de garganta e perda de apetito.