Plantan por erro na Ferrería a árbore de Nadal de Curros Enríquez
Por Oskar Viéitez
A Praza da Ferrería ten plantado desde este mércores 20 de novembro unha árbore de Nadal, pero non é o que lle corresponde.
Os operarios da empresa encargada de instalar esta decoración montaron na emblemática praza pontevedresa outra estrutura que estaba deseñada para a Praza de Curros Enríquez.
Que non se alarmen aqueles cidadáns que esta mañá clamaban polo pequeno tamaño do arboriño porque o da Ferrería, confirma o Concello, superará o tamaño do ano pasado.
Desde hai algúns días está instalada a iluminación nas camelias da Praza de Ourense e boa parte da cidade xa conta cos arcos de luz
A previsión da concellería de festas é que o acendido de todo a iluminación do Nadal teña lugar o vindeiro xoves 5 de decembro.
A instalación dos paneis de luces iniciouse o pasado 6 de novembro, son 386 motivos repartidos por toda a cidade, desde o centro histórico ás parroquias, como Monte Porreiro, A Seca ou Ponte Sampaio.
Como novidade, este ano a decoración esténdese a outras zonas como a Avenida da Estación, Josefina Arruti, a Avenida de Vigo, María Victoria Moreno, Xeneral Rubín, Loureiro Crespo e a avenida de Lugo.
Queda pendente a decoración do balcón da Casa do concello e a colocación de máis árbores. Ademais, haberá unha bola de seis metros de diámetro no cruzamento das rúas Daniel de la Sota con García Camba e Peregrina.
O Concello de Pontevedra contratou á empresa Porgesa, de Puente Genil, para que instale a iluminación de Nadal por 115.000 euros. A isto haberá que sumar outras iniciativas complementarias que chegan da man do Centro Comercial Urbano Zona Monumental e de Aempe.
Relacionadas:
-
Unha árbore cónica de 20 metros de altura ilumina xa o Nadal 2019
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Agora si, instalan a árbore "boa" na Ferrería
Por Oskar Viéitez |
-
Catro árbores, dúas bólas xigantes e "máis luces": así será a iluminación do Nadal da Boa Vila
Por Diego Espiño |
-
Piden que luces e adornos de Nadal cheguen aos barrios e ás parroquias
Por Alejandro Espiño |
-
Vilagarcía acenderá a súa iluminación de Nadal o día 1 de decembro
Por Redacción |
-
Preto de 400 figuras de luz iluminarán o nadal en Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Banda de Música de Salcedo presenta os concertos cos que celebrará Santa Icía
Por Redacción |
-
O Nadal de Marín acenderase o 5 de decembro e chega cargado de actividades lúdicas para menores
Por Redacción |
-
O Nadal faise xa visible en Pontevedra
Por Redacción |