Melloras de pistas con instalación de varandas de seguridade en Viascón
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade rematará en breve un plan integral de obras na parroquia de Viascón. Desta forma, segundo anuncia o goberno local, está a mellorarse a capa de rodadura de pistas e camiños coa dotación de canalizacións de pluviais, caixas de rexistro e a instalación de varandas de seguridade.
O alcalde Jorge Cubela e o concelleiro Javier Lois revisaban este xoves as obras que teñen como obxectivo a remodelación de catro vías a través do emprego de formigón e coa mellora da estrada entre a parroquia e o campo de fútbol de Tenorio.
Durante estes traballos instaláronse cinco varandas de madeira, entre as que se atopan as da ponte de Cuiñas, que se atopaba desprotexido. Con esta actuación preténdese garantir a seguridade peonil e dos vehículos nunha zona de desnivel. O plan complétase coa construción de dúas canalizacións de augas pluviais para evitar escorrentías e co arranxo do peche do antigo parque infantil, entre outras intervencións.
Relacionadas:
-
Amplían o alumeado público en Viascón cunha achega da Deputación
Por Redacción |
-
O Plan de Vías 2020 comeza coa renovación dunha pista en Viascón
Por Redacción |
-
Completan a mellora integral do firme e a drenaxe da estrada de Esbarrela
Por Redacción |
-
O Concello renova as cunetas e pequenos accesos en cinco parroquias
Por Redacción |