Campo Lameiro converte á veciñanza en protagonistas dun vídeo contra a violencia machista
Por Redacción
Os veciños e veciñas de Campo Lameiro convertéronse en protagonistas dun vídeo contra a violencia de xénero elaborado polo Concello para visibilizar o rexeitamento unánime deste municipio a esta lacra, cuxa loita se reivindica a nivel internacional o 25 de novembro.
Membros de entidades culturais, sociais, deportivas, establecementos comerciais, centros educativos e persoas a título individual saen nesta peza, que será proxectada o próximo luns, ás 12 do mediodía, no auditorio Sobrino Buhígas dentro das actividades impulsadas polo Concello de Campo Lameiro no marco do 25N.
Ante a desbordante resposta e ante a necesidade de pechar dalgún xeito a participación da xente no vídeo, o Concello veuse na obriga de habilitar outro traballo audiovisual composto por fotografías remitidas polos veciños para incluílas para que ninguén se quedara fóra desta iniciativa conxunta.
O goberno municipal destaca que estes traballos audiovisuais “dan visibilidade a un problema que non é individual senón que "ten que ser tratado e atacado de xeito coordinado por todos", porque cando unha muller sufre violencia de xénero "aténtase contra toda a sociedade".
O Concello manifestou o seu desexo de continuar con este tipo de iniciativas de participación cidadá como xeito de afrontar colectivamente os problemas e os retos aos que se ten que enfrontar o municipio de Campo Lameiro.
Relacionadas:
-
Campo Lameiro creará un protocolo de actuación ante casos de violencia machista
Por Redacción |
-
Campo Lameiro presenta o seu vídeo contra a violencia machista con motivo do 25N
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade amosa a súa "total repulsa" ante a violencia de xénero
Por Redacción |
-
Cuntis ponse 'en negro' contra a violencia machista
Por Redacción |
-
Moraña presume de quince homes "defensores do feminismo" na exposición do 25N
Por Redacción |