Ponte Caldelas ten unha nova centenaria: Ricardina Martínez
Por Redacción
Ricardina Martínez Moreira, nacida en Vilarchán e veciña da Reigosa, cumplíu o pasado 16 de novembro 100 anos. É a nova centenaria que ten o Concello de Ponte Caldelas.
O alcalde Andrés Díaz, acompañado polos concelleiros José Manuel Garrido, Aurora Cal e Leticia Rocha, entregáronlle un ramo de flores para felicitala polo seu centenario.
Ricardina estaba acompañada polas súas fillas Pepa e Margarita e os seus xenros Eusebio e Jose Manuel.
A vida regaloulle tres netos e catro bisnetos, que moitos días xogan aos pés da súa bisavoa.
Actualmente, Ricardina goza de boa saúde e a súa familia lembra que hai algúns anos aínda traballaba a horta como fixo dende ben pequena. "Sempre traballou moito nas fincas e coas vacas", recordan as súas fillas.