Denuncian a situación "precaria" do centro de saúde de Campo Lameiro
Por Redacción
Os veciños de Campo Lameiro denuncian que no Centro de Saúde dan cita para un día e ao chegar se atopan coa ausencia do médico, de forma que teñen que decidir se volver para casa ou ir ata Pontevedra para que lles atendan noutro centro. Con este exemplo, os veciños deste Concello expoñían ao deputado socialista autonómico Julio Torrado que este espazo atópase en mal estado de conservación, conta con escaso persoal, de forma que só hai un médico, unha praza de enfermería e unha de administración.
Segundo sinalan as baixas, os permisos e as vacacións do médico titular non se cobren e falan dun centro de saúde "pantasma", xa que afirman que rara é a quincena na que o servizo non queda sen atención médica durante un ou varios días.
Ata hai dous anos, denuncian os socialistas, o centro contaba con dous médicos pero desde a consellería de Sanidade decidiu reducirse a un só. En 2018 retirouse tamén o pediatra a pesar das máis de mil asinas que se recobieron no municipio para demandar que se mantivese este servizo.
O deputado socialista presentará preguntas no Parlamento de Galicia sobre a situación dos servizos de Atención Primaria no rural da provincia. Pola súa banda, o representante local do PSOE Adirán Vidal considera " terceiromundista" a instalación de Campo Lameiro e entende que é unha situación deliberada por parte da Xunta para contribuír ao despoboamento dos núcleos rurais.