Últimos días para apuntarse á Xornada de Portas Abertas ao Residencial Novolérez II
Metrovacesa, a promotora inmobiliaria líder en España, iniciou a comercialización de Residencial Novolérez II en Pontevedra, situado xunto á avenida de Bos Aires e a ponte dos Tirantes, no mesmo enclave da súa primeira promoción na cidade, Residencial Novolérez I, que se atopa avanzando a bo ritmo de obra.
Co fin de dar a coñecer este novo proxecto de Metrovacesa en Pontevedra, a compañía organiza unha Xornada de Portas Abertas o vindeiro xoves 28 de novembro, polo que todos aqueles interesados en coñecer máis detalles de ambas as promocións, Novolérez I e II, poderán achegarse á oficina de vendas que a promotora ten aberta na Avenida de Bos Aires s/n entre as 10 e 21 horas.
Para organizar as visitas e ofrecer unha experiencia única, previamente hai que apuntarse online a través da seguinte ligazón: https://inmobiliaria.metrovacesa.com/jornada-de-puertas-novolerez-i-y-ii
Na visita servirase un catering e todos os asistentes poderán ter asesoramento persoal sobre o seu novo fogar. Ademais, todas as persoas que se rexistren na web e asistan á visita entrarán no sorteo dun lector de libros electrónicos KINDLE.
Desde Metrovacesa animan a acudir a esta Xornada de Portas Abertas para beneficiarse tamén das vantaxes que ofrece reservar a casa dos teus soños en Residencial Novolérez I e II. O cliente que asista á visita do 28 de novembro e asine o contrato de compravenda dunha vivenda antes do 31 de decembro recibirá unha tarxeta regalo de El Corte Inglés valorada en 1.500 euros.