O Museo Manuel Torres dedícalle unha sala ás mulleres con obras do artista marinense
Por Redacción
Unha nova sala no Museo Manuel Torres estará dedicada a cadros do artista marinens na que a muller ten un papel protagonista. A alcaldesa María Ramallo e as concelleiras Marián Sanmartín e Itziar Álvarez visitaban esta sala na que figuran oito obras de Manuel Torres coas que se quere realizar unha homenaxe á muller.
Entre os traballos destacan 'Mercado', 'Fruteira' ou 'A Maternidade', imaxe corporativa do CIM de Marín, ademais de 'Mulleres', 'Regateiras' e un boceto para un cadro que representa a Anunciación.
Estas obras foron realizadas en pastel sobre lienzo e permanecerán de forma estable no Museo, que tamén inauguraba o novo ascensor que permitirá a accesibilidade universal ao edificio.