Incautan unha partida de roupa falsificada na peaxe de Vilaboa
Por Redacción
A Garda Civil incautouse dunha partida de roupa, supostamente falsificada, nun control de vehículos na peaxe de Vilaboa dentro da autoestrada AP-9.
Os feitos tiveron lugar durante a tarde deste venres 22 de novembro no transcurso dun control selectivo dos vehículos que circulaban sentido Coruña, no que participaron efectivos do posto da Garda Civil de Moaña, a patrulla de seguridade cidadá da Compañía de Pontevedra, o Servizo Cinológico e Gedex.
En concreto, os axentes atoparon un lote de roupa con etiquetas de acreditadas firmas comerciais, presuntamente destinadas para a venda ambulante nun dos vehículos inspeccionados, conducido por un veciño da Coruña de 33 anos de idade.
Ao comprobar que o condutor do vehículo carecía de factura de compra, así como da preceptiva autorización das marcas rexistradas afectadas, procedeuse á incautación preventiva de 291 pezas deportivas, no seu maior parte chándales, sudaderas e camisetas, cuxo valor total no mercado pode superar os 20.000 euros, sinala a Garda Civil.
O propietario do vehículo foi notificado como presunto autor dun delito contra a propiedade industrial. As dilixencias instruídas, xunto coa roupa, serán levadas polo Xulgado de Instrución de Garda de Cangas.
Relacionadas:
-
Incautan 9.000 euros en calzóns falsificados na peaxe da AP-9
Por Redacción |
-
Deteñen na autoestrada un condutor con 30 gramos de haxix encima
Por Redacción |
-
Requisan 60 mochilas e máis de 200 prendas de roupa falsificada no mercado ambulante de Marín
Por Redacción |
-
A Garda Civil retira do mercado 2.630 artigos falsificados valorados en 116.604 euros
Por Redacción |
-
A Garda Civil incáutase de droga e roupa falsificada nun control de estrada
Por Redacción |