A Rúa do Tombo estrea imaxe trala súa reforma
Por Redacción
A humanización da marinense Rúa do Tombo xa loce o seu aspecto final, unha vez concluídas as obras.
Trátase dunha actuación na que ademais da mellora visual do vial, destaca o traballo baixo terra, coa renovación de toda a rede de saneamento.
Era, asegura o goberno local, unha "necesidade urxente" xa que durante as tarefas de revisión e mantemento da rede municipal foi detectado un mal funcionamento do colector, ao que chegan as augas pluviais e residuais da rúa Pitanxo e de parte de Concepción Arenal.
En canto á superficie, a Rúa do Tombo gañou unha beirarrúa no seu lado esquerdo para mellorar o tránsito de peóns entre a propia Concepción Arenal e a Avenida de Ourense.
En total as obras custaron 120.763,47 euros que foron financiado con cargo ao Plan Concello da Deputación de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Marín dobra o espazo de xogos infantís no Parque Eguren e dignifica a rúa do Tombo
Por Redacción |
-
A Rúa do Tombo xa está aberta ao tráfico e aos peóns
Por Redacción |
-
Medio Ambiente colaborará co Concello de Marín na humanización da rúa da Estrada
Por Redacción |
-
Recta final das obras na rúas do Tombo e República Arxentina
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Marín prioriza o arranxo da Rúa do Tombo
Por Almu Dapena |