Un berro ben alto contra o "terrorismo machista"
Por Redacción
O Colectivo Feminista de Pontevedra protagonizou este sábado na Praza da Peregrina a acción chamada 'Sección: terrorismo machista' co obxectivo de visibilizar ás vítimas a dous días de que se celebre o 25 N, Deía Internacional Contra a Violencia cara ás Mulleres.
En concretro a convocatoria pretendía facer visibles todas esas noticias que a diario se publican nos medios de comunicación "pero #ante as que a xustiza parece estar anestesiada", sinala o comunicado do Colectivo.
"Cada día as súas páxinas énchense de mulleres asasinadas, prostituídas, redes de trata, violacións grupais, agresións... Pero as mulleres non aparecemos mortas, somos asasinadas", recalcaron.
A organización, que o luns 25 de novembro sumarase á manifestación convocada xunto a outras organizacións ás 20:30 horas na Praza da Peregrina de Pontevedra, quería denunciar coa súa actividade "a violencia machista en calquera das súas expresións, tanto a que provén da parella ou exparella, como a que ocasiones as violacións e abusos, a vulneración dos dereitos sexuais e reprodutivos, a discriminación laboral, a violación como arma de guerra ou peaxe das refuxiadas, a mutilación xenital feminina, matrimonios forzados..." e tamén os vientes de aluguer e a prostitución "como cosificación e mercantilización do corpo e a sexualidade da muller", resaltaron.
No que vai de ano a violencia ou "terrorismo machista", como prefiren cualificalo desde o Colectivo Feminista, acabou coa vida de 51 mulleres en toda España segundo os datos oficiais, aínda que a organización reivindica a realidade das 93 mulleres asasinadas xa que "de non existir relación sentimental non contabiliza como vítima de violencia machista", lembraron.
Relacionadas:
-
Os delitos contra a liberdade e indemnidade sexual duplícanse en Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra contratará once mulleres vítimas da violencia machista
Por Alejandro Espiño |
-
Quedada feminista o venres para repetir en Pontevedra a performance 'Un violador en tu camino'
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra viste de negro "como símbolo de loito e de loita" contra a violencia machista
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
"Tolerancia cero" en Pontevedra para que a violencia machista "non siga actuando impunemente"
Por Alejandro Espiño |
-
Presentan en sociedade unha nova asociación feminista: 'Comando Mazá'
Por Redacción |
-
Chaman ao "feminismo organizado" a manifestarse en Pontevedra contra o patriarcado e o capital
Por Redacción |