Campo Lameiro presenta o seu vídeo contra a violencia machista con motivo do 25N
Por Redacción
Un ateigado auditorio Sobrino Buhígas acolleu este luns a presentación das dúas montaxes audiovisuais que lideran a campaña de concienciación cidadá impulsada desde o Concello de Campo Lameiro para visibilizar o rexeitamento do municipio á violencia de xénero con motivo do 25 de novembro, día internacional pola eliminación da violencia contras as mulleres.
O acto comezou cun minuto de silencio solicitado aos asistentes polo alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, polo asasinato dunha nova vítima da violencia de xénero, nesta ocasión en Tenerife, e que volveu de actualidade o maltrato contra as mulleres.
O alcalde agradeceu aos veciños a súa implicación nesta campaña de concienciación e a súa participación no vídeo institucional.
Ademais, anunciou a creación da mesa local de coordinación contra a violencia de xénero, cuxa primeira xuntanza terá lugar o vindeiro xoves e reunirá nunha mesa de traballo a expertos na materia, membros da corporación municipal, persoal técnico de Servizos Sociais e de saúde e das forzas e corpos de seguridade do Estado.
O obxectivo é elaborar un protocolo de actuación en caso de que fora necesario actuar ante un hipotético caso de violencia de xénero no municipio.
Un dos vídeos ten aos veciños e veciñas como actores protagonistas e o outro, feito ante a enorme demanda de persoas e colectivos que se ofreceron a colaborar, conta con fotografías en movemento para expresar de xeito individual e colectivo o rexeitamento de todo Campo Lameiro á violencia de xénero.
Estes vídeos compartiranse nas distintas plataformas e redes sociais para que acaden a maior difusión posible e tamén será proxectado en bucle nunha pantalla de gran tamaño instalada na cristaleira da casa consistorial do Concello de Campo Lameiro para que sexan vistos durante toda esta semana.
Relacionadas:
-
Campo Lameiro creará un protocolo de actuación ante casos de violencia machista
Por Redacción |
-
Paso firme dun Cuntis 'en negro' contra a violencia machista
Por Redacción |
-
Concentración silenciosa en Bueu en contra das violencias machistas
Por Redacción |
-
Vilaboa sae á rúa para renovar o seu "firme compromiso" contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
Campo Lameiro converte á veciñanza en protagonistas dun vídeo contra a violencia machista
Por Redacción |