A rede de abastecemento de auga en Salcedo dará servizo a 531 vivendas
Por Alejandro Espiño
O goberno municipal vén de aprobar o proxecto que permitirá ampliar a rede de abastecemento de auga en Salcedo. Un total de 531 vivendas recibirán servizo de auga potable grazas a unha actuación na que se investirán 3,85 millóns de euros.
As obras, que executará a empresa Viaqua como parte dos compromisos inseridos no contrato da auga, permitirá que a auga da traída chegue aos lugares de A Ruibal, O Xistro, A Igrexa, Matalobos, Cabanas, A Almuíña, O Carballo do Pazo, A Carballa, A Esculca, O Campo da Porta, Birrete, O Casal, A Muimenta, O Nabalexo e A Armada.
Esta actuación que se realizará por distintas estradas, obrigará á empresa construtora a repoñer o firme total das vías con menos de catro metros, e os carrís, beiravías e zonas de estacionamento das vías con carrís de máis de catro metros.
Con este investimento a parroquia de Salcedo estará conectada integramente á rede de abastecemento de auga a través da arqueta de Casal.
Anos atrás o Concello asumira con fondos propios o abastecemento no lugar da Raíña da Paz así como en todas as vivendas que están cara a avenida de Vigo.
OUTROS ASUNTOS
A Xunta de Goberno tamén aprobou a aceptación dunha parcela de 22,22 metros cadrados no lugar de Casas Novas (Mourente), cedida por un particular para a colocar o antigo cruceiro.
Esta escultura fora derribada por un vehículo e atopábase interrompendo o tránsito peonil no lugar. Con esta nova situación, o Concello garante que o cruceiro estará protexido da circulación de coches e permitirá aos veciños ter unha zona peonil máis segura.
Relacionadas:
-
O goberno local de Pontevedra completa a licitación da totalidade da rede de abastecemento de Mourente
Por Oskar Viéitez |
-
Todas as vivendas de Bora terán saneamento e abastecemento en 2022
Por Alejandro Espiño |
-
Aprobado o proxecto de abastecemento de auga na parroquia de Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
O despregamento do saneamento rural continuará por San Andrés de Xeve
Por Alejandro Espiño |
-
Limpan a rede de pluviais da cidade para que estea en perfecto estado para o inverno
Por Redacción |
-
As obras de mellora da Peralba entran na súa recta final
Por Redacción |