Adxudicada a mellora da estrada de Anceu a Barbudo
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas ven de adxudicar a mellora da estrada de Anceu a Barbudo á empresa Construcciones Fechi SL, que realizará os traballos por 37.647,49 euros, o que suporá un aforro de preto de 13.000 euros, pois a obra saíu a licitación por 50.488,46 euros, ive incluído.
En total foron cinco empresas as que presentaron oferta para levar a cabo a compra en prazo e forma: Covsa, Nexia, Marconsa, Construcciones Fechi e E.C. Casas.
O proxecto de ‘Mellora da Capa de Rodadura da Estrada de Anceu a Barbudo’ está subvencionado por AGADER, con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020, e ten un prazo de execución de tres meses.
Esta é unha obra importante para a veciñanza de Anceu e Barbudo, posto que mellorará notablemente as comunicacións entre ambos lugares do concello de Ponte Caldelas.