O Nadal chega a Poio con Apalpadora e espazos para a conciliación
Por Oskar Viéitez
A programación de Nadal comeza no Concello de Poio co prendido do alumeado festivo que está previsto para o vindeiro xoves 5 de decembro ás 19.30 horas cun acto na Praza Rosalía de Castro, en Ferreirós, no que non faltará nin a música nin a ambientación típica desta época.
A concelleira Raquel Rodríguez presentou este xoves unha programación que, como novidades, inclúe a visita da "Apalpadora", espazos para a conciliación e unha visita "desdobrada" dos Reis Magos.
Para facilitar ás familias traballadoras o coidado dos nenos celebraranse tres edicións do "MiniNadal", os días luns 23 no Local social de Campelo, o luns 30 no Centro Xaime Illa, de Raxó e o xoves 2 de xaneiro na Escola do Campo, de Combarro. Todos eles desenvolveranse desde as 10.30 ata as 13.30 horas e incluirán divertidos obradoiros.
Por alí andará a Apalpadora que baixará un ano máis da montaña para visitar aos pequenos da man da Deputación.
O xoves 26 o Centro Xaime Illa acollerá o espectáculo infantil "A xogar cos trasnos do Nadal", a cargo de Barafunda, a partir das 18.00 horas.
O sábado 28 e o domingo 29, de 12 a 14 horas e de 16.30 a 20 horas, no pavillón Isidora Riestra terá lugar a "Festa Nadal en Poio" con actividades variadas como segways, mini karts eléctricos, inchables, música, pinta caras, globoflexia e obradoiros. Todo dirixido a un público familiar.
A visita das súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, anticípase ao sábado 4 de xaneiro percorrendo as prazas da Casa Rosada (San Salvador), Costa Giráldez (Lourido), A Granxa (Campelo), A Chousa (Combarro), Alfredo Romay (Samieira), o Porto de Raxó e Ferreirós (San Salvador). Ademais os Magos acudirán aos centros de maiores Saraiba e Ballesol.
A recepción real está prevista no Centro Xaime Illa ás 17.30 horas.
O domingo terá lugar a Cabalgata de Reis con saída ás 18 horas o Pazo Besada.
Relacionadas:
-
Nadal polos catro custados en Poio
Por Redacción |
-
O Gorgullón e Eduardo Pondal reciben o sábado o Apalpador
Por Redacción |
-
Barro e Príncipe Felipe, primeiras paradas do Apalpador e a Apalpadora en Pontevedra
Por Redacción |
-
Queixas da asociación San Salvador de Poio polo "precario" alumeado de Nadal
Por Redacción |
-
O PP critica que o Concello de Poio non traia a Papá Noel e "adoctrine" coa Apalpadora
Por Oskar Viéitez |