A Praza de España estará pechada ao tráfico toda a fin de semana
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas ven de anunciar que a Praza de España estará pechada ao tráfico o sábado 30 novembro e o domingo 1 de decembro por tarefas de mantemento.
A empresa que realizou a reforma da praza vai repoñer as pedras e arquetas que se atopan deterioradas ou movidas por outras das mesmas características.
Nas últimas semanas detectaronse algunhas pedras e arquetas coas esquinas rotas ou desplazadas, polo que se procederá ao seu cambio para que a praza se atope en condicións óptimas.
Pola súa parte, a fonte luminosa tamén acollerá labores de mantemento durante os vindeiros días. Por este motivo, permanecerá apagada mentres se fagan as tarefas de limpeza interior e outras melloras que farán máis sinxelo o mantemento da infraestrutura.