O 70% dos participantes nun curso de axuda no fogar serán contratados
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas e a empresa Idades, xestora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Ponte Caldelas, van impartir un curso de formación de 140 horas (40 teóricas e 100 prácticas) para que 20 persoas empadroadas no municipio se formen en axuda no fogar.
É un curso gratuíto para os beneficiarios, pero que será financiado entre o Concello de Ponte Caldelas (30%) e a empresa Idades (70%).
Baixo o título "O servizo de axuda no fogar e a excelencia profesional" o alumnado formarase para atender a persoas en situación de dependencia, resolver as súas necesidades e mellorar a calidade de vida destas persoas. As 100 horas de prácticas realizaranse con usuarios de Ponte Caldelas, tuteladas por auxiliares de axuda a domicilio, de maneira que o alumnado coñecerá de primeira man cómo se traballa e cómo se trata ás persoas dependentes.
A empresa Idades prevé contratar ao 70% das persoas que participen no curso, polo que é indispensable que o alumnado dispoña de vehículo propio, dispoñibilidade horaria e que teña interese en traballar en axuda no fogar.
As inscricións deben facerse no Concello de Ponte Caldelas antes do 15 de decembro, días despois realizarase a selección do alumnado por parte da empresa Idades e está previsto que o curso se inicie a mediados do mes de xaneiro. As clases serán tres días á semana de 10.00 a 14.00 horas.
No curso tamén visitarán residencias de maiores, recibirán charlas sobre violencia de xénero, acoso e aprenderán as claves para saber desenvolverse en momentos de conflicto cos usuarios. Este curso tamén acumula horas de formación non reglada e puntúa para obter o certificado de profesionalidade.
Relacionadas:
-
Aumentan a partida para o SAF en Ponte Caldelas con críticas á Xunta por non asumir o custo do servizo
Por Redacción |
-
Andrés Díaz responde ás críticas sobre os retrasos no Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas aumenta a partida destinada ao servizo de axuda no fogar
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Ponte Caldelas asina un convenio coa empresa que xestiona o SAF que favorecerá a contratación de 20 veciños
Por Redacción |
-
Unha empresa pontevedresa xestionará o SAF de Ponte Caldelas
Por Redacción |