Un ferido nun accidente con tres vehículos implicados na Vichona
Por Redacción
Un persoa resultou ferida este sábado nun accidente de tráfico rexistrado no cruzamento da Vichona, en Sanxenxo.
Segundo a información facilitada por fontes oficiais do Concello de Sanxenxo, no sinistro víronse implicados tres vehículos.
Doutra banda, de madrugada, sobre as 3.00 horas, na rúa Méndez Núñez de Portonovo, tamén en Sanxenxo, produciuse un accidente no que un vehículo levou por diante un bolardo e sufriu importantes danos materiais.