Rescatan unha persoa que caeu á auga no porto de Combarro
Por Redacción
Unha persoa foi rescatada este domingo tras caer á auga mentres paseaba polo porto de Combarro.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as nove e media da noite.
Foi un particular o que alertou ás autoridades tras escoitar como esta persoa, un home veciño de Poio, estaba a pedir auxilio e apreciar que os berros procedían do mar.
A vítima foi rescatada inicialmente por unha persoa que estaba preto do lugar. Estaba a flote e agarrada a unhas pedras e coa axuda de outras dúas persoas lograron localizala e sacala da agua cunhas cordas.
Ao lugar trasladouse unha ambulancia do 061 e, ademais, foron mobilizados os servizos de Salvamento Marítimo e os Gardacostas de Galicia. Tamén acudiron efectivos da Garda Civil, Policía Local de Poio e Protección Civil
O persoal sanitario do 061, tras atender o home no lugar, procederon a evacualo a un centro hospitalario para examinar o seu estado. En principio, presentaba un traumatismo na cabeza.