Un quilo de ameixas é máis barato que unha cervexa
Por Oskar Viéitez
O presidente do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy, celebrou no seu despacho de Génova o resultado do PP nas eleccións galegas, brindando con cervexa.
Polo mesmo prezo podería celebralo zampándose un quilo de ameixas, sen faltar ao seu principio de austeridade.
E é que o prezo dun quilo ameixas da ría de Arousa é máis barato que unha caña, segundo informa Carlos Martínez, presidente da Agrupación de Cambados.
Por este motivo numerosos mariscadores de a flote da ría de Arousa xa non saen á mar.
Nas lonxas os prezos están polo chan, non compensa unha xornada de traballo.
O presidente da Agrupación de Cambados considera que a solución "non pasa porque nos dean subvencións, como piden algúns; hai que pactar uns prezos mínimos; levamos anos sen coidar o mar e así nos vai", dixo.
Este martes reuniránse os patróns maiores para buscar alternativas partindo dun documento elaborado pola Federación Galega de Confrarías.